Sobre min e como traballo
De nena falaba pouco e escoitaba moito. Era moi sensible ao sufrimento dos demais, amable e paciente. Sempre tiven inquietudes intelectuais: lía todo o que estaba ao meu alcance, observaba con atención, facía pequenos experimentos ou manualidades, reflexionaba e razoaba. Máis tarde comecei a interesarme pola psicoloxía e, xa de moi pequena, souben que quería ser psicóloga.
Obviamente xa non fago experimentos caseiros, (aínda que de maior si que traballei como investigadora na Universidade) e cos anos fíxenme bastante máis faladora, (pero sen perder esa capacidade de escoita desenvolta en toda a infancia). Non só me encanta a miña profesión, tamén viaxar coa miña familia (parella e fillos), pola gastronomía, pola natureza, por falar nalgúns casos e chapurrear en outros algún idioma, pero máis que nada por convivir coas diferentes costumes da xente.
Todas esas características persoais miñas vense reflectidas en min. Escoito de forma activa, empática, comprensiva e sen xulgar. Emprego o enfoque terapéutico máis baseado na evidencia científica, o cognitivo-condutual. Reflexiono e promovo a reflexión nos meus pacientes razoando sobre as cuestións que traen á miña consulta. Intento sempre xerar confianza para establecer un bo vínculo terapéutico que axude a alcanzar obxectivos a través da psicoterapia. Independentemente de que os que aquí veñen se sintan a gusto, non descoido o que para min é o principal: a eficacia. Utilizo tests e outros instrumentos obxectivos de medida, non só nunha avaliación inicial senón tamén, para comprobar que a psicoterapia vai polo bo camiño e ao final do proceso. A pesar de levar nisto moitos anos ségueme causando moita satisfacción ao ver como os meus pacientes melloran.
Apaixóname a miña profesión, iso facilita a implicación coas persoas, a responsabilidade profesional, o sentido da ética, fai que todo sexa máis fácil, que rode mellor e que se reflicta en bos resultados.
Estou ao día en novos avances no ámbito da psicoterapia para poder optimizar a miña atención psicolóxica. Cunha moi extensa formación complementaria en psicoloxía clínica dende 1992 ata agora a través de congresos e cursos específicos en materias diversas. Isto permíteme estender recursos e ideas para as miñas terapias. Tamén impartín formación en numerosas ocasións dende a universidade e outros ámbitos. Pero a miña vocación real sempre foi a psicoterapia e niso me centrei os últimos anos, sen distraccións, para poder dar a mellor atención á xente que acude á miña consulta para buscar solucións aos seus problemas.
Formación extensa e específica en psicoterapia a través de formacións varias como o Máster Sanitario de Práctica Clínica da Asociación Española de Psicoloxía Clínica Cognitivo Conductual, estudos de posgrao en Health Psychology na Universidade de Surrey ou o Máster en Xerontoloxía Clínica da UDC. Así como máis de medio centenar de cursos en entidades de prestixio.
CV Resumido
- Licenciada en psicoloxía, rama clínica, pola Universidade de Santiago de Compostela (U.S.C).
- Colexiada polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia co número G-2253.
- Psicóloga sanitaria habilitada e acreditada.
- Psicóloga con máis de 20 anos de experiencia.
- Antigo membro do Grupo de Investigación en Xerontoloxía (G.I.G.) da Universidade da Coruña (U.D.C.)
- Antiga psicóloga do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren de Violencia de Xénero (PAPMVX)
- Membro ordinario da División de Psicoloxía Clínica e da Saúde (PCYS).
- Máster sanitario de Práctica Clínica en Saúde Mental pola Asociación Española de Psicoloxía Clínico Cognitivo-Conductual. Santiago de Compostela.
- Máster de posgrao en Xerontoloxía Clínica. Universidade da Coruña. (U.D.C.)
- Varias outras formacións de posgrao: en psicoloxía da saúde (Health Psychology) en Universidade de Surrey, Inglaterra, en Psicoterapia Breve a través de varios gabinetes privados da Coruña provincia.
- Colaboradora docente coa universidade para a divulgación de resultados de investigación en eficacia terapéutica, intervención cognitiva e temas de envellecemento entre outros.
- Máis de medio centenar de cursos de psicoloxía de diferentes temáticas: sobre a mellora de resultados en psicoterapia, sobre diferentes terapias, sobre o tratamento de diversos trastornos, sobre neurodiverxencias, sobre inclusión social, de autoestima, de adestramento psicolóxico no deporte, etc.
- Actualmente cursando unha actualización en psicoloxía clínica e da Saúde a través da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). 2025-2026.