Lodeiro psicólogos
Ola! Son Susana Lodeiro.
Tras unha longa traxectoria profesional en diferentes ámbitos da psicoloxía (asociacións, gabinetes de psicoloxía, empresas, centros xerontolóxicos e Universidade) decidín abrir este gabinete de psicoloxía en Perillo a finais do 2013.
Por que en Oleiros?
Pois simplemente porque aquí resido, non en Perillo, pero si en Oleiros. Aquí gústame desenvolverme no día a día e quería achegar algo á miña comunidade. Aínda que co tempo din servizo a zonas do contorno como Sada, A Coruña, Cambre, Culleredo, Bergondo, Carral, Abegondo, Arteixo ou Betanzos principalmente, tamén ocasionalmente a outras provincias.
Psicóloga con máis de
20 anos de experiencia
Lodeiro Psicólogos é un centro sanitario especializado en facer psicoterapia (presencial). Só se valora facela on-line en casos excepcionais nos que un paciente que xa leva un tempo non poida seguir por razóns de traslado ou enfermidade.
Nestos anos tratei persoas de todas as idades, e tanto individualmente como en terapia de parella, pero ultimamente céntrome máis en adultos e adolescentes.
Lodeiro Psicólogos é un centro sanitario especializado en facer psicoterapia (presencial). Só se valora facela on-line en casos excepcionais nos que un paciente que xa leva un tempo non poida seguir por razóns de traslado ou enfermidade.
Nestos anos tratei persoas de todas as idades, e tanto individualmente como en terapia de parella, pero ultimamente céntrome máis en adultos e adolescentes.
Material de apoio: dende a primeira sesión vaise proporcionando material físico de axuda no proceso terapéutico.
Confidencialidade e privacidade: trátase co máximo respecto e confidencialidade ás persoas que aquí acoden. Non se revela quen son os meus pacientes por ningún medio.
Procúrase sempre que non se atopen con outras persoas dentro do gabinete para gardar a súa privacidade. E por suposto cúmprese a normativa ao respecto.
Eficacia: Comprobación obxectiva de mellora.
Actualizada: En programa de actualización periódica no ámbito de coñecemento e exercicio profesional da psicoloxía clínica e da saúde da UNED.
No que che podo axudar
Ao longo da miña experiencia profesional como psicóloga fun consolidando o tratamento da ansiedade e do estado de ánimo como as miñas principais áreas de intervención.
Pero pola miña experiencia, a miña formación e a miña habilitación como sanitaria podo ocuparme, e ocúpome tamén, de diversos trastornos, así como de previr a aparición de psicopatoloxías naquelas persoas que aínda non as desenvolveron e acoden ao meu centro.
Estas serían as principais áreas de tratamento:
Tristeza e depresión
Estrés e problemas de ansiedade
Autoestima e inseguridades
Asertividade e outras habilidades sociais
Somatizacións
Problemas nas relacións cos demais
Autocontrol: por exceso ou por defecto
Medos, fobias
Dificultades coa comida
Terapia de parella, terapia grupal
Adiccións
Estrés académico, medo ao fracaso
Dificultades adaptativas en nenos
Tristeza e depresión
Estrés e problemas de ansiedade
Autoestima e inseguridades
Asertividade e outras habilidades sociais
Somatizacións
Problemas nas relacións cos demais
Autocontrol: por exceso ou por defecto
Medos, fobias
Dificultades coa comida
Terapia de parella, terapia grupal
Adiccións
Estrés académico, medo ao fracaso
Dificultades adaptativas en nenos
Ofertas e prezos
Sesión individual (1 hora de duración): 65€
Con desconto por dispoñibilidade horaria aplicado 60€
Sesión de terapia de parella (1 hora de duración): 80€
Con desconto por dispoñibilidade horaria aplicado 75€
Desconto por dispoñibilidade horaria:
Se pode/s asistir algunha vez pola mañá, nos posibles ocos libres de axenda deste gabinete, terá/s 5€ de desconto nesa sesión.
Pode/s aplicar este desconto a todas as sesións que queira/s, sempre que cumpran ese criterio de flexibilidade horaria. Normalmente será de martes a venres de 9 a 13:30h
