Rexistro Sanitario: C-15-003174

EXPERIENCIA INVESTIGADORA

Colaborei no equipo de investigación do Catedrático de Antropoloxía Social da Universidade da Coruña (UDC) e decano da facultade de humanidades do campus de Ferrol D. Jose Antonio Fernández de Rota Monter nun tema sociocultural do rural galego para a súa achega á Consellería de Cultura e Xuventude da Xunta de Galicia.

Pero a maior parte da miña experiencia investigadora foi no Grupo de Investigación en Xerontoloxía (G.I.G), (actualmente G.I.G.G.) da UDC da cal se expón máis abaixo unha relación dalgúns dos meus méritos. Sinalar que a investigación e todo o producido foi sempre baixo a dirección, coordinación e supervisión do Catedrático (E.U.) de Xerontoloxía Clínica e Social da UDC e Doutor en medicina José Carlos Millán Calenti.

 

PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS

Monografía ‘Discapacidade Intelectual e Envellecemento’. Editorial: Mc Graw Hill Interamericana de España e previamente Instituto Galego de Iniciativas Sociais e Sanitarias. (ISBN-10: 8497491858 e ISBN-13: 978-8497491853.) 2005.

Capítulo ‘Trastornos Psiquiátricos’ pertencente ao manual: ‘Principios de Xeriatría e Xerontoloxía’. Publicado na editorial Mc Graw Hill (ISBN: 84-481-4539-9). 2006.

Capítulo ‘Trastornos Neurolóxicos’ pertencente ao manual: ‘Principios de Xeriatría e Xerontoloxía’. Publicado na editorial Mc Graw Hill (ISBN: 84-481-4539-9). 2006.

Capítulo ‘Discapacidade intelectual e envellecemento’ pertencente ao manual: ‘Principios de Xeriatría e Xerontoloxía’. Publicado na editorial Mc Graw Hill (ISBN: 84-481-4539-9). 2006.

Artículo científico: “A xerontoloxía, o Envellecemento e a Discapacidade intelectual”. Revista Maremagno, nº 8. 2004.

Manual: ‘Inclusión Socio-Laboral e Envellecemento nas persoas con Discapacidade Intelectual’. Coordinador. José C. Millán Calenti. Ed.: Instituto Galego de Iniciativas Sociais e Sanitarias. A Coruña. 2002.

 

EXPERIENCIA DOCENTE COMO MEMBRO DO GIG

Relator: Máster en Xerontoloxía Clínica. Universidade da Coruña (UDC). “Discapacidade intelectual e envellecemento: Programa de Intervención en Centros Ocupacionais”.

Relator: Universidade Activa para Maiores. Departamento de Medicina. UDC. ‘Discapacidade intelectual e persoas maiores’.

Relator: Irmás Hospitalarias do Sagrado Corazón. ‘Envellecemento das Persoas con Discapacidade Intelectual’.

 

COMUNICACIÓNS EN EVENTOS CIENTÍFICOS

Programa de intervención para a prevención do deterioro cognitivo en persoas con discapacidade intelectual en proceso de envellecemento: estudo piloto. Proxecto E/126 (2003). Aprobado por IMSERSO. XLVI Congreso da Sociedade Española de Xeriatría e Xerontoloxía.

Patoloxías neurodexenerativas e afectación oral da linguaxe. Análise dunha mostra de pacientes maiores que acuden a un centro de estadías diúrnas. XVI Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

‘Discapacidade intelectual e deterioración cognitiva nas persoas en proceso de envellecemento’. II Congreso Internacional de Discapacidade e Envellecemento.

‘Envellecemento e atraso mental: resultados da aplicación dun programa de intervención multidisciplinar’. XVI Congreso da Asociación Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. USC. Facultade de medicina.

“Intervención cognitiva en persoas maiores con Discapacidade intelectual”. XV Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.

‘Novas tecnoloxías e discapacidade’. Universidade de Salamanca. Salamanca